CLUB DE CINE 2025

Remata o traballo despois de todo o curso! Na Feira de clubs chegou o esperado momento de proxectar a nosa película para toda a comunidade educativa. "A viaxe no tempo" estivo chea de risas, de compromiso e de moito traballo. Grazas a todos e todas as que o fixeron posible e aos que riron connosco na súa estrea.


 Ademais, durante a Feira todo o mundo puido sacarse fotos no noso croma, utilizando como fondo as imaxes relacionadas coa nosa película. A xente desfrutou desta actividade e de coñecer o noso proceso de traballo, xa que o alumnado explicou cun mural como foi o proceso ata conseguir a nosa ansiada película.


Remata esta aventura. Que club estás desexando o curso que vén?  

Comentarios

Entradas populares