Enredando saberes, tecendo galego: así aprendemos fóra da aula



No noso proxecto, Enredando saberes, tecendo galego, entendemos que aprender non é repetir contidos, senón vivir experiencias, facer preguntas e descubrir o mundo que nos rodea. Por iso, cada saída e cada obradoiro que realizamos forma parte dun camiño no que o alumnado descubre, practica e crea, seguindo o Modelo de Enriquecemento de Renzulli.
A continuación compartimos algunhas das experiencias vividas este curso e como contribúen ao noso xeito de aprender… sempre en galego, a lingua coa que pensamos, investigamos e nos expresamos.

Comentarios

Entradas populares