Xornada teórica: descubrir o valor do noso patrimonio natural
Comezamos cunha actividade de Tipo I, na que contextualizamos o alumnado sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas: os seus ecosistemas, a biodiversidade mariña, as ameazas que o poñen en risco e os comportamentos sostibles que podemos adoptar.
Foi unha oportunidade para abrir preguntas, comprender a importancia do medio mariño e reforzar o compromiso co coidado do noso entorno… sempre en galego, a lingua coa que pensamos o mundo.
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario